Proizvod vam ne odgovara? Nema veze! Možete nam vratiti unutar 30 dana
S poklon bonom ne možete pogriješiti. Za poklon bon primatelj može odabrati bilo što iz naše ponude.
30 dana za povrat kupljenih proizvoda
", Long Play ", soa coma unha poesía incitada polaspersuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de ",jukebox de autoxeografía ", . Estes versos te?en un pé no feitizodo estético, transitando pola benévola tiranía da rima, e outro, nainmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro dolibro viaxa ás formas máis propias da canción ou da ",twitteratura ", a ritmo de música e desexo, coma un parteluz queobserva a ", aritmética beatle ", : letras tristes + alegresmelodías. A ", forma ", do Long Play navega libertaria cara ás augas desinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético quegalantea por intres con algún ", riff ", de humor -se IanCurtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go,go!- e evasións cara ", outros territorios posíbeis ", ,concíbese o propio proceso de creación como un ", crescendo dearte e ensaio ", pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. Aspalabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisase inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infanciainfinda.A ", ledicia blue ", que agroma do triste.A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.